Saltar ao contido

Marc García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarc García

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Manresa, España Editar o valor en Wikidata
Altura197 cm Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2018 FC Barcelona Bàsquet
2012–2014 FC Barcelona B
2014–2015 cesión Bàsquet Manresa
2015–2016 FC Barcelona B
2016–2017 cesión Real Betis Baloncesto
2017–2018 FC Barcelona B
2018–2021 Baloncesto Fuenlabrada
2021–2022 CB Miraflores
2022– Baloncesto Fuenlabrada

Marc García Antonell, nado o 7 de marzo de 1996 en Manresa, Cataluña, é un xogador español de baloncesto profesional. Formado nas categorías inferiores do Sant Josep Obrer, do CTE Illes Balears e do Bàsquet Manresa, actualmente é axente libre despois de formar parte do elenco para a pretemporada do Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de escolta.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Manresa, García formouse nas categorías inferiores do principal equipo da súa cidade natal, o Bàsquet Manresa. Porsteriormente pasou ao FC Barcelona B, onde disputou a súa primeira campaña como sénior (2012−13). No verán de 2014 volveu a Manresa cedido, dando os seus primeiros pasos na Liga ACB durante a temporada 2014−15. Despois dun ano en Manresa, volveu ao Barça B para disputar a temporada 2015−16 da LEB Ouro, liderando o equipo en anotación con 16,2 puntos por partido.

En xullo de 2016, García asinou un contrato de cesión co CB Sevilla da ACB por dous anos. Con todo, após o descenso do equipo andaluz, o Barcelona rescindiu o contrato de préstamo. Ese mesmo mes, García conseguiu a medalla de ouro no Campionato de Europa sub-20, gañando a final ante Lituania, sendo o xogador nomeado MVP do torneo. Após un ano en Barcelona, o 20 de xullo de 2018 García asinou un contrato por tres temporadas co Montakit Fuenlabrada, onde chega a destacar superando os 10 puntos de media por partido no segundo e no terceiro ano. Despois de finalizar o seu contrato asina co San Pablo, equipo co que goza de menos protagonismo e que acaba por descender á LEB Ouro. Despois de finalizar a súa temporada, asina co Río Breogán da Liga ACB para realizar a pretemporada co club.[1]

Ao longo da súa carreira, García ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

  1. 1,0 1,1 "Marc García incorpórase á pretempada do Río Breogán". CB Breogán. 13 de agosto de 2022. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Marc García, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]